Pepe Vieira

Inicio > Pepe Vieira > Pepe Vieira - O Restaurante

Pepe Vieira - O Restaurante

Un edificio existencialista deseñado en base a dos elementos básicos: formigón e cristal. As grandes paredes acristaladas do restaurante permiten notar a forza propia da natureza en cada recuncho. O formigón está presente en todo o interior coma un elemento escultórico que destaca en todos os espazos. A luz natural penetra a raudais permitindo que a paisaxe tan brutal que nos rodea se integre coa nosa cociña e sala. O noso restaurante é símbolo da nosa gastronomía: besta, auténtica, tectónica e, sobre todo, propia do lugar onde vivimos.