Xoán Crujeiras

Inicio > Xoán Crujeiras > Bido - O Restaurante

Bido - O Restaurante

Bido é o novo restaurante de Juan M. Crujeiras. O nome é unha das palabras que existen en galego para referirse ao bidueiro,que forma parte da decoración do restaurante.Localizado no centro da Coruña, a súa filosofía é a cociña "seria, cercana e baseada no produto e no sabor". "O equipo humano é fundamental, non se podería entender este restaurante sen un equipo que entenda cal é a nosa filosofía: Amor e paixón polo oficio".  

O espazo é amplo, alto, luminoso e acolledor, con dous grandes ventanais que aportan luz natural, onde os materiais máis nobres xogan un papel fundamental. Salienta a iluminación e o mobiliario de deseño, o coiro, a madeira, o mármore, os tons brancos,dourados e negros,  que transmiten orde e serenidade. É un restaurante cómodo, sinxelo e funcional."O concepto é moi xeométrico, mesmo no logo, no que a simetría é moi importante".