Inicio > Novas > Acción promocional de márketing dixital en Alemaña

Acción promocional de márketing dixital en Alemaña

Tratouse dunha campaña de márketing nun dos mercados prioritarios de visitantes cara á nosa comunidade, co obxectivo de dar a coñecer ao público foodie a alta restauración galega a través dos restaurantes Nove, reforzando a presenza da marca Galicia e dun dos seus maiores potenciais e elemento esencial no desenvolvemento turístico do territorio, a gastronomía.

A execución da campaña, que se desenvolveu entre os meses de outubro e novembro de 2017, incluíu o investimento publicitario en plataformas Social Media [Facebook, Twitter, Youtube], así como noutros medios seleccionados a través de Display.

Esta acción promocional encaixa á perfección dentro das liñas estratéxicas de Turismo de Galicia 2020, concretamente no Reto 1, Liña Estratéxica 2, referido á proxección nacional e internacional do destino, dirixido a mellorar a captación e fidelización de viaxeiros cosmopolitas, así como a diferenciar o destino en base a unha oferta segmentada de calidade, con produtos turísticos específicos e peculiares.

Desenvolveuse en varios medios e a varios niveis:

- REVISTAS ESPECIALIZADAS

- BLOGS

- NOTA DE PRENSA A TRAVÉS DE EMAIL MÁRKETING

- BANNERS

- FACEBOOK TRÁFICO WEB