Xoán Crujeiras

Menú

En canto á oferta gastronómica,o cliente ten varias opcións, nun concepto case tan aberto como o espazo no que se sitúa: dende acomodarse na barra ou nunha mesa alta para tomar uns cócteles atase sentar a comer ou a cear nunha mesa e deixarse levar…  

Outro dos atractivos de Bido é a oportunidade de coñecer viños diferentes, que non soen atoparse no mercado, e poder probalos por copa, sen necesidade de ter que pedir unha botella e como non, a cociña, de raíces galegas, onde nos imos atopar un formato distinto: os pratos son racións curtas, para que o comensal poida formar o seu pequeno menú ou degustar varios sabores sen perder nunca a identidade do lugar onde se cociña e os seus produtos.