Somos unha agrupación de cociñeiros e cociñeiras galegos que reivindicamos as raíces e a creatividade na cociña como valor engadido ao produto galego. Facemos unha cociña emocional, creativa, sinxela e con produtos de calidade. Consideramos fundamental o compromiso coa nosa gastronomía, a nosa cultura e a nosa terra, por iso baseamos as nosas accións nun decálogo de NOVE puntos que dirixe o noso rumbo.

DECÁLOGO DE NOVE PUNTOS

1.   CULTURA GALEGA

Difundir, promocionar e divulgar a riqueza cultural galega a través da gastronomía tanto dentro como fóra de Galicia.

2.   TRADICIÓN RENOVADA

A base da nosa cociña é a tradición pero como obxecto de debate de cara a revisionala é renovala respectando a nosa identidade.

3.   SOSTIBILIDADE

Reforzar a figura do cociñeiro/a como intérprete do territorio e da súa biodiversidade, poñéndoo en valor a través da creatividade. Un cociñeiro responsable coa contorna, coa sostibilidade, co uso respectuoso dos recursos naturais, comprometido coa economía circular, etc.

4.   CADEA DE VALOR

Respectar e fortalecer a cadea produtor - produto - cociñeiro - camareiro - comensal. Crear e coidar a nosa rede de produtores, provedores e artesáns, sendo eles parte fundamental da nosa proposta. Establecer un compromiso real con eles para chegar a producir alimentos galegos de gran calidade.

5.   PRODUTO GALEGO

Basear a cociña nos excelentes produtos cos que conta Galicia cunhas condicións excepcionais que potencien a súa calidade e o seu sabor. Combinar a temporalidade dos alimentos coa visión e proposta persoal de cada cociñeiro/a. Contribuir ademáis coas nosas propostas a unha enogastronomía de calidade apostando por un servizo moi coidado e profesional.

6.   FUTURO

Responsabilidade cos futuros profesionais da gastronomía, así como cos cociñeiros noveis transmitindo os valores éticos da gastronomía e propios do territorio: honestidade, verdade, esforzo, oficio, traballo en equipo, calidade, raíces, etc. Traballar en crear un sector con condicións laborais e horarios de calidade. Deixar ás novas xeracións un futuro mellor do que atopamos.

7.   EDUCACIÓN

Asentar unhas boas bases a través da educación para mellorar o sector. Traballar xunto coas escolas de hostalería para acadar profesionais de amplia cultura que saiban poñer a gastronomía no lugar que merece. Colaborar coas escolas educativas para por en valor a importancia da gastronomía nunha sociedade sana e saudable.

8.   PROPOSTAS ÚNICAS

A proposta gastronómica de cada un dos cociñeiros de NOVE é única e persoal. Atraer aos comensais aos restaurantes e polo tanto a coñecer Galicia en calquera época do ano, será unha prioridade. Un obxectivo que se verá reforzado a través das accións conxuntas (festivas, formativas, lúdicas…) do grupo dentro e fóra de Galicia. Estas actividades serán unha canle máis para comunicar a nosa filosofía e as potencialidades do sector actuando como embaixadores da enogastronomía galega. Estes eventos conxuntos reforzarán ademáis a marca NOVE vencellada a Galicia e ao mellor da súa oferta gastronómica.

9.   REDE MULTIDISCIPLINAR

Crear unha rede activa e multidisciplinar de colaboración entre cociñeiros galegos e doutros lugares, produtores, científicos, antropólogos, artesáns, persoas do mundo da arte, químicos, nutricionistas, escritores, etc. para aprender e compartir coñecementos e experiencias e poñer en valor os grandes profesionais de dentro e fóra de Galicia cos que evolucionar e crear sinerxias.

Nove somos…

A CORUÑA
Beatriz Sotelo
Caco Agrasar, Restaurante As Garzas (Malpica)
Daniel López, Restaurante O Camiño do Inglés (Ferrol)
Iván Domínguez, Restaurante Nado (A Coruña)
Javier Rodríguez Ponte “Taky”
Juan M. Crujeiras, Restaurante Bido (A Coruña)
Lucía Freitas, Restaurante A Tafona (Santiago de Compostela)
Manuel Costiña, Restaurante O Retiro da Costiña (Sta. Comba)
Miguel Ángel Campos, Restaurante A Gabeira (Ferrol)
Roberto Filgueira, Restaurante O Balado (Boqueixón)
Alberto Cruz, Restaurante Landua (Mazaricos)

LUGO
Antonio Botana, Restaurante Ramonita (Ribadeo)
Álvaro Villasante, Restaurante Paprica (Lugo)
Héctor López, Restaurante España (Lugo)
María Varela, Restaurante A Parada das Bestas (Palas de Rei)

OURENSE
Daniel Guzmán, Restaurante Nova (Ourense)
Julio Sotomayor, Restaurante Nova (Ourense)
Javier González
Xosé Magalhaes, Restaurante Ceibe (Ourense)
Lydia del Olmo, Restaurante Ceibe (Ourense)
Miguel González, Restaurante Miguel González (Pereiro de Aguiar)

PONTEVEDRA
Alberto González Prelcic, Restaurante Silabario (Vigo)
Iñaki Bretal, Restaurante Eirado da Leña (Pontevedra)
Javier Olleros, Restaurante Culler de Pau (O Grove)
Pepe Vieira, Restaurante Pepe Vieira (Poio)
Rafa Centeno, Restaurante Maruja Limón (Vigo)
Yayo Daporta, Restaurante Yayo Daporta (Cambados)