Inicio > O grupo

O grupo

Grupo Nove somos Atlántico

Nacemos como Grupo en 2003 para difundir a cultura gastronómica de Galicia e dar visibilidade á nosa cociña: creativa, sinxela, emocional, elaborada con produtos de calidade, de sempre ou con materias primas diferentes, pero con sabores sorprendentes que amplían os horizontes cara a outras experiencias.

Pasaron os anos, non somos “nove” como inicialmente, senón 24 os cociñeiros que formamos Grupo Nove actualmente. Adquirimos experiencia e temos tantas ganas e se cabe máis entusiasmo á hora de reinventar a cociña galega, sempre dende a honestidade do traballo diario. Porque a cociña ademais de profesión, para os Nove é paixón.

Practicamos unha cociña de autor, de vangarda, pero con raíces, sen sermos alleos ás influencias internacionais, que respecta a tradición e evoluciona sen complexos, confiando nos produtores locais e na excelencia dos produtos do mar e da terra de Galicia, outra das nosas paixóns.

Obxectivos

  • Divulgar a filosofía do Grupo Nove e da súa cociña de vangarda: cociña de produto, de tempada, creativa, de despensa, sinxela e emocional.
  • Difundir a cultura gastronómica galega e a nova cociña a toda a poboación, dentro e fóra de Galicia.
  • Poñer en valor a gastronomía, un dos piares fundamentais da cultura dun país.
  • Contribuír a que a cociña sexa un dos maiores atractivos de Galicia.
  • Atraer aos nosos restaurantes, e en calquera época, cada vez a máis xente seducida polas creacións gastronómicas de calidade.
  • Desenvolver accións –festivas, formativas, lúdicas...– que reforcen a marca Galicia e a súa gastronomía.

Cociñeiros

A CORUÑA 

  • Manuel Costiña “Restaurante O Retiro da Costiña” (Sta. Comba)
  • Miguel Ángel Campos “Restaurante A Gabeira” (Ferrol)
  • Xoán Crujeiras “Restaurante Bido” (A Coruña)
  • Roberto Filgueira "O Balado Marta e Roberto" (Boqueixón)
  • Lucía Freitas "Restaurante A Tafona" (Santiago de Compostela)
  • Javier Rodríguez “Taky”
  • Eduardo Pardo
  • Iván Domínguez
  • Beatriz Sotelo 

 

LUGO

  • Álvaro Villasante “Restaurante Paprica” (Lugo)
  • Héctor López “Restaurante España” (Lugo)

 

OURENSE

  • Javier González “Restaurante A Rexidora” (Barbadás)
  • Daniel Guzmán & Julio Sotomayor "Nova Restaurante" (Ourense)

 

PONTEVEDRA

  • Alberto G. Prelcic “Restaurante Silabario” (Vigo)
  • Antonio Botana “Restaurante Pandemonium” (Cambados)
  • Javier Olleros “Restaurante Culler de Pau” (O Grove)
  • Pepe Solla “Restaurante Casa Solla (Poio)
  • Rafael Centeno & Inés Abril "Restaurante Maruja Limón" (Vigo) 
  • Iñaki Bretal “Restaurante Eirado da Leña” (Pontevedra)
  • Xosé T. Cannas “Restaurante Pepe Vieira” (Poio)
  • Yayo Daporta “Restaurante Yayo Daporta” (Cambados)
  • Pablo Romero "Viñoteca Bagos" (Pontevedra)