Yayo Daporta

Restaurante

“Cociña galega actualizada con guiños a productos doutras zonas”

É un dos novos valores da cociña galega mellor dotados para o oficio, de aí a súa irresistible ascensión, progresiva pero sen zalamerías. Tímido, ou cauteloso, ou respectuoso, ou as tres cousas á vez, o caso é que Yayo gaña confianza e a súa cociña achega praceres superiores con cada visita ao seu chalé-restaurante do Cambados antigo. [break]Na súa planta primeira, e tras a pedra, o deseño nobremente funcional, avisa, e non defrauda, de que estamos ante un moderno que aplica os coñecementos do novo século a uns productos de sempre proporcionados pola lonxa inmediata, a depuradora de mariscos familiar, ou pola horta e cabana do fértil e "albariñeiro" val do Salnés. Outro toque de fusión...