Pepe Vieira Camiño da Serpe
Xosé Torres Cannas
“Camiño da Serpe”
Xosé Torres Cannas
“Na miña cociña non hai que buscar máis motivación que a satisfacción que pode provocar a segura execución espontánea, o xogo despreocupado expresado dende a reflexión serena. ”
Desenvolvín a miña cociña coa idea de que o cociñeiro pode obter os produtos da cotianidade atopando a miña identidade, a través dos elementos da despensa que utilizo, reflexionando sobre as súas calidades e propiedades, obxectivas e subxectivas. Abandonei as materias primas comúns á alta cociña en busca de novos contidos e formas de expresión dos produtos sinxelos, que se incorporan á miña cociña como elementos de creación: o porco, a sardiña, os caldos... considerados ata entón de segunda, convértense en elementos fundamentais na ordenación do prato, no seu sabor e esencia.[break]Nun intento de ser fiel a min mesmo incorporo na miña cociña elementos da miña infancia, da cociña da miña nai e da miña avoa, da paisaxe, do meu ámbito, da actualidade, do mundo no que vivo. Cocíñoos, e creo novas formas, texturas e sabores que manteñen o eco do que son, con formas limpas e claras. Na miña cociña non hai que buscar máis motivación que a satisfacción que pode provocar a segura execución espontánea, o xogo despreocupado expresado dende a reflexión serena.
Xose T. Cannas