Sobre o Restaurante
“En cada unha das mesas do restaurante Pepe Vieira - Camiño da Serpe está depositada no centro unha pequena ponla de carballo. Toda unha declaración de intencións sobre o que é este lugar, que nos deixou impresionados e emocionados. Colles esa ponliña de Carballo na man, e aí resúmese o sentido deste lugar. Os pratos, un tras doutro, veñen cheos das florciñas diminutas, lilas ou amarelas, que nacen nos camiños das serras galegas; os liques xorden dos alimentos, ilustrando platos de vocación paisaxística e ambiental conectados coa terra. Pode parecelo, pero aquí, no Camiño da Serpe, nada é efectista nin sobreactuado. É tan sinxelo e lóxico coma o decorrer dun río. Non hai restaurante en Galicia no que un teña a sensación de que te estás a comer o contorno, nin no que se aprecie tan claramente un proxecto vital e profesional levado á realidade. Un lugar moi moderno, sostíbel, integrado na paisaxe, con capacidade de transmitir por si mesmo, de desvanecerse no contorno, de ser o contorno, o terroir, a bioloxía, a cultura, pero unha cultura de moi adentro, case tectónica, xenética, visual.”
(Manuel Gago)
Máis sobre Pepe Vieira Camiño da Serpe
ART & WINE GALLERY: subasta de navidad
Por primera vez en Galicia podremos asistir a una subasta de vinos de colección, arte y antigüedades relacionadas con el mundo vitivinícola.
Lotes para todos los gustos y bolsillos, precios de salida que van desde 39€ hasta 30.000€. Vinos franceses, alemanes, austríacos, gallegos, andaluces, donde podremos encontrar grandes bodegas de referencia como Domaine Leflaive, Chateau d' YQ...
Ver o bloc