Pandemonium
Menú
“Rutilante”
A nosa carta está creada a partir da natureza que nos rodea
Entrantes
Polbo cocido a baixa temperatura, xelatina da súa coción e aire de pemento de La Vera.
Con este prato busco darlle profundidade de sabor a un produto que entendiamos que necesitaba unha nova visión que o enxalzase e que á vez sorprendese. E para iso recorreuse á baixa temperatura, técnica coa que conseguimos resaltar o seu sabor e a súa textura, facendo un aceno a tradicional receita do "polbo á feira"
Ovo amolecido, crema de boletus e costrones de pan de aldea
Este prato dá unha visión un pouco lúdica e á vez sorprendente a un ovo en aparencia cocido pero coa xema completamente líquida que á vez chega quente ao comensal
Pratos
Peixe sapo asado, paichoi e sopa clarificada de marisco.
A primeira razón pola que o peixe sapo entra na carta é pola súa profusa presenza nos nosos mercados. Intentouse lograr un prato no que primase a substanciosa carnosidade do peixe precisando moito a temperatura de cocción e que se vise complementado, quizais con certa influencia oriental, dunha verdura cocida ao dente, como é o pai-choi e unha sopa translúcida e limpa pero de acusado sabor a marisco que complementase o elegante sabor
Galo ecolóxico a 78º con judiones de Lourenzá.
coming soon