Pandemonium

Antonio Botana

“Rutilante”

Antonio Botana

“Cociñeiro apegado á terra na que vive que realiza unha cociña encadrada nese ámbito”

A sensibilidade, a paixón e o coñecemento deben figurar con letras maiúsculas no libro de ruta desta busca inconformista e constante que entendemos que debe ser a cociña. Definímonos como os buscadores desa mensaxe que está dentro do produto. O noso único labor é descifralo, e é que canto máis o estudemos e canto máis afondemos nel máis preto estaremos de atopar a súa excelencia.