O Retiro da Costiña

Restaurante

“Parque gastronómico”

Este é un oasis increible nunha nobre terra coquinariamente escuálida. De súpeto, no páramo culinario, aparece este retiro como salvación do camiñante que busque, ademais do Finisterrae, un sopro de modernidade gastronómica e de confort hostaleiro, sobre a limitada aínda que respectable rutina da ruta.Brillan aquí, excesivamente polo que lle rodea, os equipamentos ambientais (edificio e decoración de [break]respecto), os equipamentos para o gastronómada esixente: unha cociña de produto ben definida dende as achegas da modernidade por Leonor. E unha adega sorprendentemente rica e positivamente caprichosa. E todo isto "creado" pola familia García con Manuel no cartel exterior e o seu pai na dirección do establecemento. A luminosa excepción.