Nove

Novas

Os membros do Grupo Nove Javier Rodríguez Ponte "Taky" e Héctor López (restaurante España), estarán presentes na feira Alimentaria facendo degustacións de Vieiras de Galicia, Mexilóns, Conservas e Bonito de Burela no stand de Galicia para autoridades e prensa especializada. A feira Alimentaria ten lugar en Barcelona do 22 ao 26 de marzo.

Rest_yayo_da_porta__cambados_grupo_nove__2__thumb138

O restaurante Yayo Daporta cumpre 5 anos e o vai celebrar cun menú de selección dos platos máis interesantes creados polo xoven chef cambadés ao longo do quinquenio. Os presentará nunha degustación que ofrecerá a mediodía deste xoves aos medios de comunicación.

01_608_thumb138

O Grupo Nove recibiu diversas distincións na edición deste ano da Gala de Premios de Gastronomía e Turismo de Galicia. Como grupo outorgaronnos un diploma na categoría de "Mellor labor de promoción: iniciativa privada" polo políptico da Chef's Big Band. Ademáis, a título individual, recoñeceron a labor de Xosé T. Cannas como empresario; O Retiro da Costiña levou dous diplomas como "Mellor oferta complementaria" e como "Mellor proxecto empresarial". Culler de Pau foi agraciado tamén cun pergamino nesta última categoría.

Definición de noveno, na.

(Del lat. novēnus).

  1. adj. Que segue inmediatamente ao octavo.
  2. adj. Dise de cada unha das nove partes iguais en que se divide un todo. U. t. c. s.
  3. gast. Noite irrepetible na que os cociñeiros de Nove preparán unha ronda de tapas en Santiago de Compostela.

Este próximo día 21 de febrero Nove bótase á rúa en Santiago para realizar a NOVENA GASTRONÓMICA. Escolleron 9 bares da capital galega y distribuíronse por eles para realizar durante esa única noite unha serie de platos. Anota ben onde estarán e planea a túa ruta!

La viura - Rúa Nova de Abaixo. El patata (Negreira) - Rúa do Vilar. O Catro - Rúa Virxe da Cerca. O Pincho da Cerca. - Rúa Virxe da Cerca. Castelao - Rúa Nova de Abaixo. Transito - Rúa Transito dos Gramáticos. La Cavita - Rúa San Pedro de Mezonzo. Central - Rúa Raiña. Bodeguilla de San Roque - Rúa San Roque.

Pepe-vieira_thumb138

Xosé T. Cannas proponse que todo o mundo poida facer en casa recetas de calidade usando como ingrediente principal a conserva. E o fai a través do novo programa de Canal Cocina "Dando la lata". Durante os 22 capítulos que ten o programa, o cociñeiro galego fará un percorrido polas boas e variadas conservas españolas para ofrecer á audiencia platos "chulos, sinxelos, rápidos e moi socorridos". Como el mesmo di "Non se trata de facer alta cociña, senon boa cociña".

O programa pode seguirse en varios horarios: 10.00, 13.30, 17.30 y 23.00, sempre no Canal Cocina.

Beatriz_thumb138

Beatriz Sotelo e Áreas, empresa española líder en restauración, distribución comercial e servicios integrais ao viaxeiro, estableceron un acordo de colaboración a través do cal Beatriz Sotelo pasa a ser a asesora gastronómica de El Madroño, único restaurante de cociña creativa situado na T4, no aeroporto de Barajas.

Beatriz creou un menú especial para El Madroño composto de 5 primeiros pratos, 5 segundos e 5 postres a elexir, entre os que se atopan delicias tan exquisitas como milfollas de foie gras de pato e uvas con ensalada amarga, canelón de faisán con cogumelos de temporada e xugo de trufa, pescada de pincho ao vapor con espuma de queixo e tomate, solomillo ibérico á brasa con salsa especiada e pemento asado, namelaka e chocolate con comporta de pera e mazá en texturas con xelado de vainilla. O menú complementa a carta do establecemente e está á disposición dos clientes por un precio de 30 euros.

Redbull-logo_thumb138

O restaurante Ikarus seleccionou a Casa Marcelo para que de a coñecer a súa cociña ao público austriaco e alemán durante o mes de febreiro de 2010. As instalacións do Hangar-7, o complexo aeronáutico de Red Bull, foron creadas por desexo do presidente da compañía, Dietrich Mateschitz, para promover e fomentar as actividades lúdicas e de ocio en consonancia cos valores que Red Bull representa. Así xunto ao museo e á colección de avións Red Bull atópase Ikarus, un restaurante de funcionamiento singular, asesorado polo gran cociñeiro Eckart Witzigmann e o seu pupilo Roland Trettl , no que se consagra cada mes do ano a un cociñeiro de talla internacional. Dende 2004 pasaron polo restaurante os cocñeiros máis representativos do mundo, algúns incluidos na lista San Pellegrino do 50 mellores restaurantes do mundo

Este ano 2010 a representación española corre a cargo de Marcelo de Casa Marcelo e de Joan Roca do Celler de Can Roca, recentemente distinguido cunha estrela Michelín.

O chef executivo Roland Trettl estivo visitando Galicia durante o mes de outubro de 2009 para tomar contacto coa cociña de Casa Marcelo e acordar con Marcelo Tejedor o menú que alí se ofrecerá durante todo o mes de febreiro. Neste menú intégranse diferentes materias primas das máis representativas e exportables da nosa xeografía coma as Algas de Portomuiños, a merluza de Puerto de Celeiro, a Vieira de Galicia, as Patatas de Coristanco, as Fabas de Lourenzá, a Ternera Gallega, o Porco Celta e os Quesos del País e que suliñan o compromiso de Marcelo Tejedor co producto autóctono de alta calidade. Tamén cabe destacar que o menú será integramente acordado con viños galegos como os Albariños de Rías Baixas, Pedralonga e Pazo de Señoráns, os Ribeira Sacra La Pola y La lama, ademáis de os Valdeorras de Guitián. Nun esforzo por reproducir de maneira fidedigna a experiencia de Casa Marcelo, confeccionarase in situ e a diario o pan galego coa mesma fórmula e formato que no restaurante. A este efecto enviaranse máis de 500 kg de fariñas do país seleccionadas polo maestro panadeiro Eladio Pazos. Xa foron confirmadas máis de 1.500 reservas e a previsión é de que unhas 2.500 persoas desfruten da cociña de Casa Marcelo durante o mes de febreiro en Hangar-7.

Na última xuntanza de Nove, celebrada no restaurante Silabario de Tui, conformouse a nova xunta que asumirá a dirección do Grupo Gastronómico ao longo do próximo ano. A partir de esta semana Antonio Botana é o novo presidente do Grupo Nove, substituindo a Javier Rodríguez Ponte -Taky- que ocupou o cargo no último ano e medio. Antonio Botana, do restaurante Pandemonium, estará acompañado na xunta directiva por Xosé Torres Cannas (Restaurante Pepe Vieira) como vicepresidente, Yayo Daporta (Restaurante Yayo Daporta), que ocupará o cargo de secretario, e José González-Solla (Restaurante Solla) como tesoreiro.

30.12.09

FELIZ 2010!!

El_gran_banquete_hoja4_thumb138

O Grupo Nove quere desexar a todos os seus amigos, aos seus colaboradores, a clientes, a proveedores, a coñecidos e descoñecidos, aos que simpatizan coa nosa filosofía e aos que no simpatizan tamén, a aqueles que non saben nin que existimos e aos que no lles importa ademáis,.. en definitiva, a todo o mundo, un FELIZ ANO 2010!!

Alumnos del I.E.S de Villamarin en A Rexidora

El pasado 21 de Octubre, un grupo de alumnos del Centro de Hostelería de Villamarín, visitó las instalaciones de nuestro restaurante y pudo saborear un menú elaborado para la ocasión.

Cocinando en Madrid

Algunas fotos en Madrid de de la presentación en el Mercado Gatrónomico La Plaza con la colaboración de A Coruña 365 grados

Forum Gastronomico de Santiago 2010: Casa Marcelo & Puerto de Celeiro

Ayer se presentó en el Hostal de los Reyes Católicos de Santiago de Compostela el Forum Gastronómico 2010.
Nuestro trabajo en esta 2ª edición será un taller que versará sobre la Merluza de Celeiro, en colaboración con Puerto de Celeiro y con la asistencia de uno de sus patrones de pesca, Eduardo Míguez.

Iremos de pesca con Eduardo y luego, nos mostrará la vida en un barco del...