España
Menú
“A constante evolución de 100 anos”
Unha carta viva aproveitando o mellor de cada tempada e a imaxinación do noso equipo
Entrantes
Bacallau con arbequina e escuma de tomate
É un prato fresco, consta dunha especie de crema de bacallau con pataca, un chorro de aceite de arbequina e unha escuma de tomate.
Ensalada de lumbrigante con vinagreta de módena
Prato de tempada, que se serve coa cola de lumbrigante limpa e fileteada, as pinzas cocidas e co resto do lumbrigante facemos un cóctel con chalota e ceboliño. Vai acompañado dun variado de leitugas.
Pratos
Manitas de porco celta con cigalas
As manitas de porco celta cocémolas e desosámolas, enchémolas con foie e boletus e prensámolas. Cortámolas en medallóns e marcámolas á prancha. Aproveitamos o caldo de cocelas e facemos unha salsa. As colas de cigalas van limpas e salteadas.
Rodaballo con pil-pil de ajada e pure de chícharos
O rodaballo é marcado á prancha e rematado ao forno. Coas espiñas facemos un caldo, deixándoo reducir moito, ata que se forme xelatina. Con esta xelatina e cunha ajada preparamos o pil-pil. O puré de chícharos é outro produto de verduras de tempada.