Nove
About
News
Eduardo Pardo no Espacio Sabores de Coca Cola
Eduardo Pardo no Espazo Sabores de Coca Cola
Eduardo Pardo, responsable da cociña do Restaurante Domus, e membro fundador do G... Máis
El grupo
NOVE, a xeración de cociñeiros contemporáneos de Galicia.
Dicía Cristino Álvarez ao principio da nosa andaina como grupo...
Son « nove » e son « novos ».
Foron, son, nun sopro de aire renovador na cociña galega.
Apostaron, e apostan, por unha cociña non direi que vangardista, pero si moi posta ó día, fruto dunha procura continua de novas formas para un fondo que, por fortuna, permanece inalterable.
Porque o segredo destos "nove" é que non trataron de romper coas súas propias raíces: non custa ningún traballo recoñecer como galega a súa cociña. Só que, indo cos tempos, souberon vestila de deseño, que, sexamos serios, era o que máis faltaba na cociña galega de sempre. Eles non renunciaron a nada do feito; sinxelamente, saben en que tempo viven, e actúan en consecuencia. Practican unha cociña galega de hoxe; tan sinxelo, e tan difícil, como iso.
E o futuro é seu
... xa non somos tan novos pero reunimos en torno a Nove 17 grandes profesionais da restauración en Galicia. Con máis experiencia, pero coas mesmas ganas que cando empezamos, seguimos apostando pola renovación de cociña galega sen renunciar as nosas orixes. Apostamos por unha cociña contemporánea, atentos ás novas técnicas e posibilidades para extraer e achegarlles as cores, olores, sabores e texturas da excelente despensa que nos ofrece a terra e o mar en Galicia. Invitámoslles a gozar ela....
Galicia
Galicia e a súa cociña: a proba do Nove
Galicia, esa rexión natural "ao sur das Islas Británicas, é despensa e tamén cociña. Foi, sobre todo, despensa, e así transcendeu co "boom" do turismo ao apostar a restauración típica pola simpleza nas elaboraciones. Pero foi tamén cociña _los séculos XIX yXX legaron a mellor literatura e recetarios da península_ polo tanto clásica de primeira orde, e agora referenda ese acervo incorporando as directrices da modernidade á súa perdurable despensa.
Neste contexto nace e desenvólvese o proxecto Nove, un agrupamento de cociñeiros de vangarda que dende o aproveitamento da rica e singular despensa mariña e campestre, modernizou de xeito tanxible a cociña galega de forma que, sen perder a súa identidade nin os seus valores raíces, estende a estética do novo século e a ética profesional polas mesas que esixen o profundo respecto ao produto, pero tamén a súa harmónica complementación ou tratamento precisamente para que as súas calidades organolépticas sobresaian dende a creatividade, o deseño, e a arte coquinario.
Créditos
| Sitio realizado por | Area 17 |
| Texto | Guillermo Campos |
| Fotografía | Juanjo Pascual |
| Arnaud Mercier |