Pepe Vieira

O cociñeiro

A cociña de Pepe Vieira é auténtica, racial e chea de significado. Trátase de ir máis all do culinario intentando contar unha historia con cada prato.

 “O meu traballo supón unha busca incansable do auténtico. O meu reto é intentar dotar de contido este adxectivo tan usado por todos. A miña inspiración reside nun profundo coñecemento do patrimonio inmaterial galego, nese surrealismo máxico tan propio de Galicia.

Afondo na nosa tradición para desenvolver unha gastronomía propia que bauticei coma A última cociña do mundo, onde rescato receitas e condimentos case esquecidas con unha vocación de transmisión cultural.”