Eduardo Pardo

O cociñeiro

A familia Pardo Gago deleitou os padais coruñeses durante moitos anos, de maneira que Eduardo ten o arroupe gastronómico que lle outorga un apelido con solvencia culinaria na Coruña e en Galicia: Pardo Gago. Porque Eduardo é fillo e neto da tradición culinaria do porto coruñés, fillo tamén dunha das primeiras innovadoras da cociña galega, Ana Gago, conservando durante 14 anos consecutivos a prestixiosa estrela Michelin.

Na actualidade, Eduardo Pargo Gago é o chef do Pazo da Merced, un enclave único coa ría de Ferrol aos seus pés, onde oferta unha cociña de sabores recoñecibles, na que tradición e vangarda van da man, co gozo do comensal como obxectivo.